A Asociación de Comerciantes recibe a cinco novos membros

    comerciantesribadumia copia.jpg RIBADUMIA> Trátase de ‘Máis que nenos’, a cafetería ‘Lareka’, ‘Maribel’, a perruquería ‘Condesa’ e a perfumería ‘Esencias’.

    {flowplayer}images/salnes/NOVOS_COMERCIANTES_RIBADUMIA191011.flv{/flowplayer}

    A Asociación de Comerciantes de Ribadumia segue adiante coa súa labor de dinamización comercial e promoción turística do municipio. Baixo o lema ‘Ribadumia teno todo’, queren converter o concello nun referente comercial para veciños e visitantes. Reflexo da vitalidade deste colectivo é a incorporación de novos socios. A partir de agora poderán participar nas campañas de captación e fidelización de clientes organizadas pola asociación ou en colaboración coas administracións públicas. Campaña como ‘Merca na Rúa’, actualmente en vigor e que remata o vindeiro sábado. A esta chegan tarde, pero terán a súa oportunidade máis adiante.

    Lembrar que nesta campaña de ‘Merca na Rúa’ se van sortear entre os participantes 24 monedeiros de 100 euros e dous por valor de 300. Para recibilos é imprescindible estar presentes no sorteo que se celebrará este sábado ás seis da tarde.

    Este acto de benvida ós novos socios serviu tamén para presentar o material corporativo que a asociación deseñou para repartir entre os comercios, establecementos de hostalería e outros sectores con presenza no municipio.

    Redacción Salnés