![]()
SANXENXO> O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación da Volta a España a Vela. Esta será a primeira edición dunha proba que recalará en Sanxenxo a mediados do mes de xuño.
{flowplayer}images/salnes/VoltaEspana_250510.flv{/flowplayer}
Numerosas autoridades déronse cita esta mañá na presentación da Volta España a Vela, na modalidade de barcos Imoca Open 60, unhas embarcacións cunha lonxitude de 60 pés que serán manexadas por cinco tripulantes.
A proba, que nace neste 2010 e será bianual, disputarase entre o 12 e o 30 de xuño, partirá de Hondarribia e rematará en Barcelona, logo de pasar por Santander, Xixón, Sanxenxo, Calpe e Palma de Mallorca.
Os competidores chegarán a Sanxenxo o 17 de xuño e partirán da vila o día 20, dirección Calpe, na que será a etapa máis longa da competición con 830 millas náuticas de percorrido, case a metade da distancia que se cubrirá en toda a regata.
Na Volta tomarán parte sete embarcacións, catro españolas, dúas francesasa e unha hispano-británica. A maioría utilizan esta competición como unha preparación para a Barcelona World Race, caso de Iker Martínez e Xabi Fernández, tricampións mundiais e bimedallistas olímpicos en 49er, que están a levar a cabo os seus adestramentos en Sanxenxo.
A volta está organizada pola Federación Española de Vela e a Fundació Navegació Oceánica coa colaboración de diferentes administracións e institucións.
Redacción Salnés







