Asociacións da Pobra recadan preto de 3000 euros en apoio a Ucraína

A POBRA> O concello da Pobra fixo entrega á Cruz Vermella de preto de 3000 euros en apoio ós damnificados pola guerra de Ucraína. Trátase de fondos recadados en diversas iniciativas benéficas promovidas polo tecido asociativo do municipio.

A presidenta das Amas de Casa da Pobra facía entrega dun cheque por valor de 2858,71 euros a presidenta da Cruz Vermella. Son os cartos recadados nos diversos eventos solidarios que acolleu o concello da Pobra nas últimas semanas en apoio a Ucraína.

Ademais dos departamentos de Cultura e Servizos Sociais, a implicación do tecido asociativo da Pobra foi fundamental para recadar esta contía próxima ós 3000 euros.

A presidenta da Cruz Vermella quixo agradecer o labor recadatorio e a gran solidariedade da veciñanza pobrense que contribuirá a achegar material de primeira necesidade a Ucraína.