Os veciños de Oleiros piden máis control para evitar accidentes

    denunciastraficoac550100.jpgRIBEIRA> O mal estado do firme e a velocidade a que circulan os vehículos están detrás do gran número de accidentes que rexistra a estrada AC-550.

    {flowplayer}barbanza/denunciastraficoac550.flv{/flowplayer}

    A estrada comarcal AC-550 rexistra un importante volume de tráfico posto que constitúe a principal vía de comunicación entre os municipios de Ribeira e Porto do Son. Ó seu paso atópanse numerosos núcleos de poboación cuxos habitantes levan anos sufrindo as consecuencias do elevado tránsito de vehículos.

    Ó exceso de velocidade, engádese a falla de beirarrúas en varios treitos, obrigando ós peóns a circular polas marxes da estrada.

    Mellora integral

    A Consellería de Infraestruturas ten previsto acometer unha actuación integra ó longo de todo o trazado da vía en 2012. Polo momento, xa se realizaron melloras nalgúns puntos como a construción de beirarrúas, o repintado da sinalización ou a colocación de bandas sonoras.

    Redacción Barbanza