O executivo ribeirense construirá novas beirarrúas entre Aguiño e A Graña

    RIBEIRA> O executivo ribeirense ten previsto acometer en breve unha nova actuación consistente na dotación de beirarrúas entre o tramo urbano de Aguiño e o lugar da Graña, incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, cun investimento total de mais de 205 mil euros. Das empresas que se presentaron ó concurso, a firma que obtivo unha mellor clasificación foi Tarrío e Suárez, á que agora se lle requirirá toda documentación, paso previo á súa adxudicación. A actuación virá a reforzar a seguridade viaria nesta estrada, que actualmente carece de beirarrúas, e presenta un elevado volume de tráfico.