![]()
RIBEIRA > Veciños de Aguiño protestan polo estado insalubre no que se atopa o Río Listres, provocando malos cheiros e a proliferación de ratas e culebras.
Máis de mil veciños da zona de Aguiño se ven afectados polo mal estado no que se atopa o río, xa que a falta de limpeza do cauce, a ausencia de canalización e o cheiro deixanse notar nas zonas de Listres de Arriba e Listres de Abaixo.
Segundo estes veciños a última vez que se limpou o río foi hai dous anos. O que solicitan agora é que limpen o cauce do Listres e que o canalicen, como xa pediron en reiteradas ocasións ó concello ribeirés.
Risco de inundacións
Os veciños recordan que o ano pasado esta zona, coa chegada das chuvias, sufriu inundacións polo estado de abandono do río e teñen medo de que estas situacións se volvan repetir este ano agora que ven o outono.
Estes veciños de Aguiño afirman sentirse discriminados con respecto a outros residentes noutros termos do concello ribeirés, xa que eles pagan os seus impostos ó igual que todo o mundo e non reciben o mesmo trato nin lle son solucionados os seus problemas.
Redacción Barbanza











