![]()
RIBEIRA> A xunta xeral da confraría da Pobra concentrouse ás portas da Delegación de Pesca para solicitar un encontro coa Conselleira do Mar.
{flowplayer}barbanza/concentracionconfrariapobra.flv{/flowplayer}
Máis de once anos leva dialogando a confraría de pescadores da Pobra coa administración autonómica e o resto de sector para lograr a restitución do banco de Cabío para as súas concesións.
Unha vez máis, volveron reivindicar de xeito pacífico esta vella demanda. Concentráronse ás portas da delegación comarcal de Pesca onde solicitaron unha reunión coa Conselleira do Mar e outra co presidente da Xunta para plantexarlle a progresiva perda de espazos produtivos que están a padecer.
Tras conseguir o apoio do comité executivo da Federación Provincial de Confrarías agardan que a administración proceda á restitución dun millón de metros cadrados.
Calendario de mobilizacións
Apostan por unha saída dialogada pero recorrerán ás mobilizacións se non obteñen resposta.
Para a confraría esta é a saída que lles queda tras anos en constante diminución do número de mariscadores e embarcacións ó non ter superficie suficiente nas súas autorizacións.
Redacción Barbanza








