Un tornado destrúe parte da cuberta da lonxa rianxeira

    tornadorianxo.jpgRIANXO> Os danos provocados por este primeiro temporal do outono foron materiais e por fortuna non houbo que lamentar vítimas.

    {flowplayer}barbanza/tornadorianxo.flv{/flowplayer}

    Un dos incidentes máis graves do temporal no Barbanza vivíase en Rianxo. O forte vento provocaba o levantamento de parte da cuberta do edificio da confraría de pescadores, sede tamén da lonxa. Ata o lugar desprazáronse bombeiros do parque comarcal de Boiro e de Ribeira, que se encargaron de retirar todo o material e fixar as pranchas do teito para evitar desprendementos e preservar a seguridade dos usuarios da rula e dos veciños en xeral. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, personouse na zona nada máis ter coñecemento do suceso, unha visita que repetía esta mesma tarde para comprobar o estado no que quedou o inmoble despois dos traballos desenvolvidos ó longo da xornada de hoxe.

    Incidencias menores

    Os refachos de vento, que nalgunha ocasión chegaron a superar os 130 quilómetros por hora, provocaron ademais outros incidentes de menor consideración por toda a comarca como a caída dalgunha árbore, contedores volcados e asolagamentos. As precaucións tomadas e os dispositivos de emerxencia que permaneceron en alerta amarela durante toda a xornada de onte e mesmo hoxe evitaron que as consecuencias foran máis graves.

    Redacción Barbanza