O PP deixa a reforma do IES en mans do informe da delegación da Xunta

    visitappiesilla copia.jpg A ILLA> O parlamentario popular Román Rodríguez asegurou que se o estudo recomenda reformar o centro, ‘a Xunta cumprirá’.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_PP_IES_ILLA241011.flv{/flowplayer} 

    Un ‘centro digno’, cunhas instalacións ‘mellorables’ e cunhas necesidades de reforma como a gran maioría dos centros educativos de Galicia. Estas foron as primeiras impresións do popular Román Rodríguez despois de percorrer as aulas do IES da Illa. Era quizais a visita más agardada das tres solicitadas ós grupos con representación no Parlamento galego. Pero non houbo grandes anuncios. Rodríguez deixa calquera decisión sobre posibles ampliacións ou modificacións en mans do estudo que están a realizar na delegación da Xunta en Pontevedra. As cousas non están como para despilfarrar os cartos, é o discurso que reiterou unha e outra vez o parlamentario. Fai falta un diagnóstico exhaustivo da situación e datos obxectivos que xustifiquen o desembolso económico.

    Aínda así Rodríguez amosouse satisfeito de que na Illa teñan que facer este tipo de demandas como consecuencia do crecemento demográfico de municipio. Pero lamentou, como xa fixera o delegado territorial José Manuel Cores Tourís, que estas necesidades non se supliran en época de bonanza económica. Botando a pelota ó tellado do anterior bipartito.

    O popular insistiu en que actualmente o centro cumpre os ratios de alumno por aula marcados pola Lei Orgánica de Educación. Recoñece que de continuar o aumento da poboación ser ía preciso que o instituto se convertese nun centro de terceira liña, pero é algo que se verá, insiste, no estudo. Iso e a necesidade dun mestre máis a media xornada como demanda a ANPA.

    A comunidade escolar difire nalgunha das pareciacións do parlamentario popular, e insiste en que a súa é unha petición de mínimos perfectamente asumible nos orzamentos da Xunta.

    Redacción Salnés