O PSOE de Boiro esixe medidas para garantir a seguridade vial

    BOIRO> O PSOE de Boiro vén de reclamar unha serie de medidas para garantir a seguridade viaria no municipio. Entre as actuacións máis urxentes destacan a ampliación da estrada entre Berres e o Saltiño ou a mellora do aglomerado nas curvas do Couto, en Cespón. O vial que comunica a zona de Berres co Saltiño soporta a diario unha alta densidade de tráfico posto que serve como atallo para desprazarse de Cabo de Cruz a Abanqueiro. Sen embargo, na actualidade presenta importantes deficiencias en materia de seguridade vial ó carecer de beirarrúas e cun ancho de calzada moi limitado. Esta non é a única actuación que esixen os socialistas para garantir a seguridade viaria no municipio. Refírense a un dos puntos negros en materia de sinistralidade: as curvas do Couto, en Cespón onde o aglomerado rugoso foi sustituído por outro de menor adherencia incrementando o risco de accidente. O lugar de Triñáns, o acceso ó porto de Cabo de Cruz ou a estrada comarcal AC-305 ó seu paso por Carrofeito son outras das zonas nas que, a xuízo dos socialistas, se deberían acometer melloras. por esta razón piden ó executivo que realice as actuacións necesarias ou inste ás administración competentes a realizar tarefas de mellora e mantemento nas estradas da súa titularidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/psoeboiromellorasseguridadevial2502151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/psoeboiromellorasseguridadevial250215.mp4{/flowplayer}