BOIRO> O xuíz deberá agora ditar sentenza por este caso, que rachou a tranquilidade no núcleo boirense de Triñáns, en xullo de 2017.
De forma unánime, o xurado popular, no caso pola morte de Carmen Dieste, veu culpable de homicidio doloso a Samuel Vidal. Na súa decisión tivo en conta que o único acusado estaba no momento do crime baixo os efectos do alcol e as drogas, polo que decidiron aplicarlle a eximente incompleta, o que provocará con toda seguridade unha redución da pena. Durante o xuízo que se veu celebrando nos últimos días na sección compostelá da Audiencia Provincial, o acusado asegurou que non tiña intención de matar á muller, á que consideraba coma unha nai, e que todo derivara dunha forte discusión. Cabe lembrar que para e,l a Fiscalía pedía no seu escrito de acusación unha pena de doce anos e medio de prisión. Unha solicitude case coincidente coa propia acusación particular. Agora será o xuíz o que deba ditar sentenza e facer xustiza nun tráxico suceso, que en xullo de 2017, rachou a tranquilidade do núcleo boirense de Triñáns.