Medio ambiente construirá a EDAR de Ribeira no polígono de Couso

    plansaneamentoribeira100.jpgRIBEIRA> A futura EDAR emprazarase en Couso. Así o anunciou o Conselleiro de Medio Ambiente na presentación do plan de saneamento local.

    {flowplayer}barbanza/plansaneamentoribeira.flv{/flowplayer}

    O Plan presentado polo director de Augas de Galicia é froito de ano e medio de traballo no que se realizou un inventario de tódolos puntos da rede de saneamento de Ribeira para analizar o seu estado.

    En total, detectáronse vinte e sete incidencias que serán melloradas aínda que a principal e máis urxente actuación será a construción da estación depuradora en Couso con capacidade para trinta e seis mil habitantes e un emisario submariño executado mediante técnica de perforación dirixida.

    Licitación en 2012

    A intención da Consellería de Medio Ambiente é iniciar a tramitación ambiental do proxecto para poder sometelo a información pública a finais de ano, proceso que plantexan de xeito aberto para incorporar as suxestións dos sectores implicados, especialmente a pesca e o marisqueo.

    A obra contempla ademais a construción da rede de colectores e tanques de tormenta para a recollida de pluviais así como a reparación urxente da decantadora do Touro que na actualidade rexistra constantes vertidos. Paralelamente, estanse a construír os colectores xerais e a estación depuradora de Corrubedo.

    Tanto os grupos da corporación como os representantes do sector pesqueiro valoraron positivamente este novo paso para avanzar cara o saneamento integral de Ribeira aínda que, de momento, prefiren ser cautos e agardar a analizar o proxecto en profundidade.

    Todos coinciden no paso adiante que supón contar cun sistema de depuración como o proposto por Augas de Galicia aínda que insisten na necesidade de garantir o seu funcionmetno a través do correcto mantemento.

    Tratamento residuos industriais

    Especialmente vixilantes amosaranse co tratamento dos residuos industriais de Xarás posto que existe o compromiso de construír unha depuradora independente que mesmo podería dar servizo tamén ó futuro parque comarcal.

    Pola súa banda, o patrón maior de Aguiño, Xosé Manuel Oujo, agardará a reunirse cos membros da confraría para facer unha valoración deste proxecto que finalmente se asentará en Couso, un emprazamento que no seu día xerou unha importante contestación social pola riqueza pesqueira da zona.

    Redacción Barbanza