Derrota do Liceo e dobre victoria a domicilio do Est.Otero

SALNÉS> Na última xornada ligueira disputada na División de Honra Nacional o Establecimientos Otero acadou dúas victorias a domicilio, importantísimas de cara ó seu obxectivo da permanencia. Peor lle foron as cousas ó Liceo Casino que caeu na casa ante o Leganés.

Extraordinario fin de semana do Establecimientos Otero. Afrontaba o seu dobre desprazamento a San Sebastián e Torrelavega coa intención de canda menos sumar un triunfo e acadou os dous ante rivais directos pola permanencia.

O primeiro encontro celebrouse en terras cántabras e ahí pouco ou nada sufriron os cambadeses ante un rival que o coñecen ben de enfrontarse a el en temporadas anteriores. As victorias nos tres primeiros individuais deu confianza a todo o equipo. Ó final Adrián Vidal pechou o partido cunha victoria sobre David Chamorro e Kazeem Ahmed sumou o quinto punto para un resultado ó remate de 1-5.

Outra historia ben diferente foi en San Sebastián ó día seguinte, ante o Krafft Atlético. Os números 1 de cada equipo Hasek e Ahmmed, gañaron os seus dous partidos por 3-0. Adrián Vidal sumou unha importante victoria ante Aitor Valverde mentres que Fernando Padín non puido aportar. O encontro decidíuse nun igualadísimo partido de dobres que caeu do lado cambadés por 3-2.

As malas novas chegan esta fin de semana dende Vilagarcía xa que o Liceo Casino nada pudio facer ante o potente Leganés co que caeu por 1 a 5. A ausencia por lesión de Fran Monroy e o estado de Sergey Nigeruk, que xogou con gripe, impedíu que os locais deran a sopresa.

Así as cousas na xeral, o Establecimientos Otero é cuarto mentres que o Liceo é décimo, ocupando posto de descenso. Esta fin de semana toca descanso para preparar o derbi que enfrontará a cambadeses e vilagarciáns o día 5 no pavillón de Santo Tomé.

Redacción Salnés