O BNG anima ós barbanzáns a sumarse ós actos do Día da Patria

    RIBEIRA> Co despregamento da bandeira nacionalista no porto de Palmeira, o BNG da Barbanza súmase ós actos simbólicos que se realizan en toda Galicia para conmemorar o Día da Patria. Dende a comarca partirán varios autobuses o día 25 para participar na manifestación prevista en Compostela. Un ano máis, o BNG fai un chamamento á cidadanía de Barbanza para sumarse ós actos de celebración do Día da Patria Galega que se celebrarán en Santiago o 25 de xullo. Para facilitar o desprazamento dos veciños, habilitarase un autobus que sairá ás dez da mañá dende Ribeira con paradas na Pobra, Boiro e Rianxo.