BARBANZA > Os viticultores barbanzáns e o EVEGA organizaron unha cata de viños producidos a través dunha uva da zona do Barbanza como é o raposo.
A pesar de que os viños do Barbanza e Iria contarán cunha indicación protexida na colleita de 2007, a asociación de viticultores da zona segue a traballar en busca da calidade e da diferenciación dos seus caldos.
Por este motivo, iniciaron un proxecto de recuperación de cepas antigas de ‘raposo’, unha variedade típica da zona do Barbanza. Os vitcultores localizaron varias cepas desta uva en parcelas de Cespón e Abanqueiro, en Boiro, e puxéronas a disposición da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) que tras realizar diversos estudos procederon ás microvinificacións.
O resultado deste traballo puidose apreciar nunha cata organizada no restaurante Miramar de Boiro, onde varios profesionais hostaleiros comprobaron as potencialidades destes viños.
Gran potencial
Trátase dunha variedade de ciclo curto, xa que soe agromar entre os meses de agosto e setembro, antes da chegada das chuvias. O raposo presenta menos acidez que o albariño e pode acadar unha gradación inusitadamente alta para unha uva branca.
Mediante a explotación desta uva minoritaria, tanto a nivel monovarietal como mediante a mestura co albariño, a asociación de viticultores barbanzá busca a diferenciación dos seus caldos, primando a calidade por riba do rendemento das parcelas.
Redacción Barbanza