![]()
RIANXO> O caso de tuberculose foille diagnosticado a un monitor do departamento de Deportes.
{flowplayer}barbanza/brotetuberculoserianxo.flv{/flowplayer}
A aparición dun caso de tubercolose diagnosticado a un monitor deportivo en Rianxo provocou que o concello iniciara o protocolo habitual de actuación nestes casos, a través do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Santiago. Por esta razón está previsto que a totalidade dos participantes das actividades deportivas municipais se sometan a un test tuberculino a vindeira semana no auditorio municipal como medida de prevención para descartar novos casos. A primeira das probas será o vindeiro martes, de nove a doce da mañá, para os grupos de actividades de Asados: predeporte, multideporte, tenis, patinaxe e multifitness. O mércores, en horario aínda pendente de confirmar, tocaralle o turno ós grupos de actividades de Rianxo e Taragoña, excepto a ximnasia para a terceira idade. A vindeira semana, o día 4, tamén en horario pendente de confirmación, realizarán o test tódolos grupos de ximnasia da terceira idade: Rianxo, Taragoña, Asados, Araño, Leiro e Isorna.
Mensaxe tranquilidade
Aínda así e a pesar da toma deste tipo de medidas, dende o propio concello rianxeiro queren transmitir unha mensaxe de tranquilidade ós veciños pois consideran que non se da ningunha epidemia de tuberculose no municipio, aparentemente é un caso illado e a primeira vista pouco preocupante.
Máis información
Todas aquelas persoas que desexen ampliar máis información ó respecto poden dirixirse ó propio Servizo Municipal de Deportes, ou ben chamando ós teléfonos 981-866381 ou 661247136.
Redacción Barbanza










