O CIM de Ribeira promove valores en igualdade entre os mozos

    RIBEIRA> O concello de Ribeira, a través do centro de Información á Muller, iniciou esta semana unha nova actividade denominada ‘Rec-capacita: Spots reivindicativos’. A iniciativa, dirixida a alumnos de ESO, ten coma principal finalidade sensibilizar ós adolescentes mediante a gravación de tres spots publicitarios reivindicativos que transmitan valores da igualdade, favorecendo a corresponsabilidade e o respecto e erradicando condutas violentas nas relacións persoais. A actividade enmárcase nun proxecto de coeducación, financiado pola Deputación da Coruña.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí