![]()
PONTEVEDRA> A Agrupación comarcal de Pensionistas e xubilados de Comisións Obreiras de Pontevedra ven de entregar…
{flowplayer}images/salnes/manifestacion_pensionistas.flv{/flowplayer}
… unhas sesenta reclamacións na sede que o Instituto Nacional que a Seguridade Social ten en Pontevedra para reclamar que o Goberno Central lles devolva os atrasos das súas pensións correspondentes ós once primeiros meses do ano pasado, anteriores á entrada en vigor do Decreto Lei do Goberno, que cifrada a actualización das pensións nun 1 %.
Estes xubilados entenden que o Executivo Estatal lles adebeda a parte correspondente do IPC de case todo o 2012, cifrado no 2,9 %; e a porcentaxe que se tiraría a partires de aí para os meses sucesivos. Unha cantidade pequena para cada un deles pero que ven a ser unha axuda importante en cada caso.
Segundo os primeiros cálculos a unha pensión medida corresponderíanlle pouco máis de un cento de euros anuais; o que supón en cada caso unha axuda no seu poder adquisitivo, e mais agora que os máis lonxevos están a ser o soporte de moitas familias.
Este acto de protesta repítese noutras cidades españolas baixo a organización da Federación de Pensionistas Estatal de Comisións Obreiras. Non descartan continuar con estes actos de mobilización ata que se lles escoite.
Redacción Salnés










