Arranca o Xuven e debut do Cortegada en Fontecarmoa

SALNÉS> O sábado será un día especial porque tanto Cortegada como Xuven debutarán diante da súa afección en partido ligueiro. As vilagarciáns terán que enfrontarse ó Ensino mentres que os cambadeses recibirán ó Chantada.

Case ata o mes de novembro tivemos que agardar este ano para ver debutar en liga ós dous equipos máis importantes do baloncesto no Salnés.

Por unha banda o Thetrend Social Cortegada que afrontará no primeiro choque un dos encontros máis atractivos do ano, o derbi ante o Ensino. As lucenses chegan á cita logo de gañar con solvencia ó Pabellón Ourense no arranque ligueiro. Trátase dun equipo que xira en torno á aportación do seu cinco inicial. Conta con xogadoras experimentadas como a base Laura Muñoz, a aleiro Regina Gómez ou a interior Mireia Navarrete, todas elas en torno ós 30 anos. Son as que levan o peso anotador e reboteador do equipo. Claudia Calvelo e a americana Uthaya Drye completan a base deste Ensino, bastante semellante no seu esqueleto ó Cortegada.

As de Pepe Vázquez saben da dificultades do encontro pero queren completar unha boa actuación diante dos seus. Con Williams xa recuperada o equipo gañará en velocidade e presencia na pintura. O inicio do encontro está programado para as 19:00.

Unha hora antes estréase no Pombal o Xuven, que case sete meses despois volverá a xogar un partido ligueiro na casa. Despois de descansar na xornada inaugural os de Yago Casal enfróntase ó Chantada, que gañou ó Narón no seu debut.

A boa imaxe dada polos camabadeses durante a pretemorada convida ó optimismo, sobre todo pola boa actitude defensiva amosada. O veterano pivot Alberto Rodríguez pasa por ser a referencia deste conxunto que con respecto ó do ano pasado semella que pode perder en espectacularidade pero gañar en consistencia.

Redacción Salnés