A Pobra recupera o Gran Premio de Triatlón

POBRA> Despois de varios anos sen disputarse a consecuencia da pandemia, a última edición celebrous en 2019, o Club Artrogal recupera o Gran Premio Triatlón Concello da Pobra do Caramiñal.

A proba terá lugar este domingo 14 de maio a partir das 10:30 da mañá.

Coas inscricións xa pechadas, agárdase unha participación  duns 261 atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.

Será na modalidade ‘sprint’ e o percorrido previsto terá lugar na súa ampla maioría polo centro da vila, tendo como centro neurálxico a praia do Areal e a explanada portuaria, onde estará instalada a zona de transición.

A cita será ademais clasificatoria para o Campionato Galego

Dende o Concello tamén destacaron a importancia desta proba deportiva, que serve ademais de escaparate turístico como elemento dinamizador para o comercio e a hostalería local.

Para garantir o bo desenvolvemento da proba, haberá o un amplo dispositivo de seguridade no que colaboran máis dun cento de voluntarios.

Dende a organización quixo pedir desculpas á veciñanza polas molestias que poidan causar os diferentes cortes de tráfico previstos, que comezarán a partir das 9 da mañá e se prolongarán ata as doce aproximadamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí