A Xunta compensa ó pósito noiés pola construción da variante

medidascompensatoriasconfrarianoia.jpgNOIA> O conselleiro de Medio Ambiente e o patrón maior da Confraría de Pescadores asinaron en Santiago o acordo de colaboración que se fará efectiva en tres anualidades.

{flowplayer}barbanza/medidascompensatoriasconfrarianoia.flv{/flowplayer}

O acordo establece unha compensación de 467 mil euros pola posible afección ós recursos marisqueiros do pósito mentres duren as obras de construción da variante, en concreto pola execución da ponte sobre a ría, debido á ocupación temporal da zona coa plataforma de traballo.

Declaración Impacto Ambiental

Como sinalou o propio conselleiro de Medio Ambiente as afectacións derivadas das obras foron determinadas na Declaración de Impacto Ambiental elaborada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, onde se especifica que se nos estudos da dinámica litoral da ría de Muros e Noia afectados pola construción do viaduto se derivasen afeccións a hábitats produtivos, se elaboraría unha memoria de medidas compensatorias. Unha vez realizado o estudo, este determinou que non se producen afeccións directas sobre os bancos marisqueiros existentes pero si sobre as autorizacións, de aí que a Xunta decidise cumprir o seu compromiso coa confraría noiesa e aboar esta cantidade económica próxima ó medio millón de euros que paliará dalgunha forma os posibles danos que se poidan causar.

Redacción Barbanza