Máis de cento cincuenta postos integrarán a Feira Medieval de Noia

NOIA> Noia quenta motores para a súa festa grande. A vixesimo primeira edición da feira medieval contará con importantes novidades coincidindo co oitocentos cincuenta aniversario da carta fundacional da vila. Ademais do amplo abano de actuacións e espectáculos, as rúas do casco histórico converteranse nun auténtico mercado medieval con máis de cento cincuenta postos de artesanía, Haberá tamén unha zona dedicada á exhibición de oficios tradicionais. Nesta edición, a feira tentará afondar aínda máis nas raíces da vila dando un papel relevante ós gremios. Unha parte fundamental da historia de Noia documentada a través das laudas que alberga a igrexa de Santa María A Nova.