A Pobra sumarase ós actos do día contra a violencia de xénero

    actosviolenciamullerpobra_100_201109.jpgPOBRA> Esta mañá a concelleira da Muller, Isabel González Barral, foi a encargada de desmenuza-las actividades que se desenvolverán ese día.

    {flowplayer}barbanza/actosviolenciamullerpobra.flv{/flowplayer}

    Dende as once da mañá do próximo mércores día 25 repartiranse lazos contra a violencia de xénero no mercadiño municipal. A mediodía, o alcalde e representantes da corporación colgarán unha pancarta do balcón da casa consistorial ó tempo que dan lectura a un manifesto de repulsa en contra do maltrato e discriminación das mulleres que se repite diariamente. Ese mesmo día e xa pola tarde procedarse á presentación do primeiro plan de igualdade entre homes e mulleres que pon en marcha o concello da Pobra e a continuación proxectarase o filme ‘Te doy mis ojos’ de Icíar Bollaín que aborda esta problemática dende o punto de vista da vítima e do maltratador.

    Tempo para ti

    Como complemento a esta xornada, o venres 27, o departamento da Muller levará a cabo unha novidosa iniciativa que leva por título ‘Tempo para ti’ co que colabora a empresa Diversia. As interesadas poden anotarse, totalmente de balde, no teléfono 629 252 145.

    Nova asociación

    Aproveitouse tamén a ocasión para presentar unha nova entidade que vén de crearse na localidade. Trátase da Asociación de Mulleres en Igualdade, Madoán.

    Redacción Barbanza