Máis de 70 millóns de euros en facturación en 2013

    A POBRA> A facturación global de Congalsa ó longo de 2013 ascendeu a máis de setenta millóns de euros cunha venda de máis de vinte e oito mil quilos de produto. Estas cifras seguen a situar á empresa, especializada na elaboración de produtos precociñados ultraconxelados a base de pescado e marisco, entre as mellores posicionadas do sector. Os resultados do pasado exercicio serán presentados mañá na reunión anual cos traballadores na que o equipo directivo dará tamén a coñecer os obxectivos e retos para o presente ano. Trátase dunha xuntanza enmarcada na potenciación das políticas de comunicación interna que promove a compañía. Congalsa considera ós seus máis de trescentos traballadores o activo máis importante da empresa polo que prioriza o emprego estable, a seguridade laboral e a promoción interna a través da formación continua.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí