O mal tempo condiciona o arranque da campaña do bou de vara

    inicioboudevara100.jpgRIANXO> O mal tempo marcou o iniciou da campaña do bou de vara. As embarcacións que saíron a faenar tiveron que facelo ó abrigo da ría.

    {flowplayer}barbanza/inicioboudevara.flv{/flowplayer}

    Aínda que son ó redor de corenta as embarcacións de Rianxo que soen participar na campaña do bou de vara, nesta primeira xornada tan só saíron ó mar unha ducia delas. O forte vento e a mala mar obrigaron a moitos a quedarse en terra e ós que optaron por saír tiveron que traballar ó abrigo da ría.

    As dificultades para traballar fixeron que as capturas foran modestas neste arranque de campaña.

    En total, subhastáronse 301 quilos de volandeira, que acadou un bo prezo chegando o máximo a 6’15 e o mínimo a 1’85. Pola contra, a nécora da que só se venderon cincuenta quilos non superou os quince euros e o quilo máis baixo quedouse en 7’50. A presenza da centola, da que onte se abría a veda, foi testemuñal e vendeuse entre os sete e os dezasete euros.

    As previsións de temporal continúan ata o venres polo que haberá que agardar á próxima semana para que os traballadores poidan traballar en condicións normais, tendo así un balance máis exacto da campaña do bou.

    Redacción Barbanza