Escolares rianxeiros síntense científicos por un día

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/18/visitaobradoiroshorizonte2030rianxo1811141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/18/visitaobradoiroshorizonte2030rianxo181114.mp4{/flowplayer} RIANXO> A iniciativa enmárcase no proxecto Horizonte 2030, un programa promovido pola Asociación Mexilloeira Rianxeira e o Grupo de Acción Costeira ‘Ría de Arousa’. Coñecer o labor que desenvolven os científicos, poder ver ou tocar diversas mostras reais da flora e da fauna mariña ou mesmo saber máis en profundidade do mexillón, as partes da que este se compón ou ver coa lupa diversas mostras de especies de plancton, son algún dos principias atractivos deste obradoiro científico que durante toda esta semana, aproveitando a celebración da Semana da Ciencia, se pode ver no auditorio rianxeiro. Durante esta semana ó redor duns 600 escolares de varios centros educativos da localidade pasarán polo auditorio para participar nesta actividade. E visto o visto o resultado non pode ser mellor xa que os rapaces disfrutan da experiencia ó tempo que adquiren novos coñecementos. A actividade intégrase no marco do proxecto Horizonte 2030, un programa promovido pola Asociación Mexilloeira Rianxeira e polo Grupo de Acción Costeira “Ría de Arousa”. Con el preténdese enxalzar a actividade acuícola galega desde o sector mexilloeiro a fin de mellorar a imaxe dos produtos desta actividade, potenciar o mexillón como produto xerador de riqueza e aumentar a competitividade do sector a través da diferenciación do mexillón.