O xulgado de Ribeira podería verse mellorado cun xuiz de reforzo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/obrasmelloraxulgadoribeira1006141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/obrasmelloraxulgadoribeira100614.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> O director xeral de Xustiza, Juán José Martín, anunciaba esta medida que permitiría dar resposta á enorme carga de traballo que presentan estes xulgados. Acompañados polo alcalde, Manuel Ruiz, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitaron o edificio dos xulgados de Ribeira, no que a Xunta de Galicia investiu uns 30 mil euros na realización de diversas obras de mellora no seu interior. Entre as actuacións realizadas posibilitou o reforzo da iluminación, a instalación dun sistema de aire acondicionado no segundo andar e na colocación de novas persianas, así como tamén a colocación dun sistema de control de acceso no xulgado Penal Nº 2. Durante a visita, na que tamén participou a decana dos avogados ribeirenses, Fernanda Álvarez, anunciaron tamén que de cara ó vindeiro ano continuarase coas melloras neste xulgado, coa reparación dos aleiros da cuberta, seriamente danados pola chuvia e o vento, así como o pintado das instalacións.O director xeral de Xustiza aproveitou tamén a ocasión para recoller as demandas dos propios traballadores do xulgado ribeirense que tiñan que ver, fundamentalmente, co aumento da súa carga de traballo. Un problema que podería verse mellorado, segundo el, coa posible chegada dun xuíz de reforzo. Todas estas actuacións súmanse tamén ás xa realizadas ó longo do pasado ano 2013, que consistiron na reparación da cuberta e na substitución dos canalóns, co fin de eliminar as filtracións de auga no interior do inmoble, e que no seu total supuxeron un investimento de preto dos 53 mil euros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí