RIBEIRA> O operativo saldouse con dous prendidos, que foron interceptados polos axentes cando circulaban nun turismo. Axentes da comisaría da Policía Nacional de Ribeira procederon á detención dun matrimonio da Pobra coma presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de estupefacientes. A súa detención producíase cando circulaban no seu turismo. Ó ser interceptados intentaron darse a fuga, sen éxito. Unha vez rexistrado o turismo, os axentes puideron atopar no seu interior numerosos envoltorios que contiñan cocaína e heroina preparados para a súa venda, así como tamén uns 400 euros en efectivo. Os dous prendidos xa pasaron a disposición xudicial. Ó home cónstanlle xa antecedentes anteriores polo mesmo motivo.
Inicio BARBANZA