O Vilalonga esquence ó Ourense goleando ó Negreira

SALNÉS> Onte celebrouse a duodécima xornada ligueira na Terceira División. O Sanxenxo non puido dar a sorpresa no campo do líder mentres que o Vilalonga goleou na casa ó Negreira despois dunha gran segunda metade.

Non hai mellor maneira de resarcirse dunha goleada en contra, que cunha a favor. O Vilalonga tardou pouco máis de 48 horas en esquencerse dos catro tantos encaixados en Ourense para endosarlle ó Negreira un resultado aínda máis abultado co 4-0 de onte en San Pedro.

Todo grazas a unha segunda metade para enmarcar. No primeiro tempo as forzas semellaban igualadas e as ocasións, aínda que escasas estiveron repartdas en ambas áreas. Todo cambiou no arranque do segundo tempo, cun gol de Machu ós poucos segundos do inicio. O partido púxose máis de cara no minuto 65 cando Jesús Torres agredía a Tenorio e vía o vermello. Con un menos, o Negreira foi un xoguete en mans dun Vilalonga moi inspirado. Jesús, de falta, Anxo tras xogada personal e Saúl, anotarían tres goles máis xa no treito final de encontro, no que a avalancha celeste pasou por enriba do seu rival.

Agora son décimos, con 16 puntos e a semana que ven visitarán ó complicado Alondras.

Para rival difícil do Sanxenxo, que tiña que visitar ó lider. Os de Calucho perderon 3-1 na Magdalena ante un Vilalbés que foi superior no primeiro tempo e foise 2-0 ó descanso. Nel recurtou diferencias de falta directa no inicio do segundo tempo e os amarelos mereceron o empate durante moitos minutos nos que desaproveitaron numerosas ocasións de gol.

Xa na recta final, co Sanxenxo volcado, o Vilalbés cazou unha contra e fixo o terceiro.

O domingo o Depor B visita Baltar de Arriba. Os de Calucho siguen terceiros pola cola en postos de descenso.

Redacción Salnés