Pontevedra acollerá cinco Campionatos Mundiais de tríatlon no 2019

PONTEVEDRA> O 2019 será o ano do deporte de primeiro nivel en Pontevedra. A capital acollerá ata cinco campionatos do mundo de diferentes disciplinas. Aos xa anunciados triatlón de longa distancia, triatlón cross, duatlón e aquatlón, súmase o ‘aquabike’. Unha programación de luxo para o ITU Multisport Festival de triatlón que se celebrará en dous anos. Tríatlon de longa distancia, tríatlon cross, duatlón, aquatlón e aquabike. Son as cinco disciplinas que no 2019 celebrarán en Pontevedra os seus Campionatos do Mundo. O ITU Multisport Festival de triatlón convértese así en todo un reto. As cifras que deixan as previsións son mareantes. Máis de 4.000 deportistas permanecerán durante dez días en Pontevedra e o seu entorno. Acompañados, case sempre, das súas familias. Hoxe constituíuse o Comité Organizador do evento, no que ademáis do concello e das Federacións Española e Galega de Triatlón, están representadas tamén Deputación e Xunta. O que si xa ten o evento é mascota. O comité escolleu a imaxe dun loro con moitas cores, que resultar ser ‘o neto deportista’ do loro pontevedrés máis ilustre, Ravachol. Aínda está pendente de bautizar.