Comeza a campaña electoral cara ós comicios do 20 N

    VILAGARCIA> A chuvia fixo un alto a media noite en Vilagarcía para conceder escasos cinco minutos de escampada para a pegada de…

    {flowplayer}images/salnes/inicio_campana_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … carteis no inicio desta campaña electoral. Aquí, na Avenida da Marina, PSOE, PP, BNG e Esquerda Unida pegaron os seus correspondentes afiches abrindo uns quince días de intensa campaña electoral.

    Entre os presentes, cabe destacar a presencia do actual alcalde da Illa e número 3 ó Congreso, Manuel Vázquez, que pedíu o voto para a candidatura que lidera Rubalcaba.

    Polos nacionalistas concorreu Duarte Correa, o que vai a ser o número 5 nas listas do BNG por Pontevedra.

    No referente ós populares, cabe salientar a presencia do candidato ó Senado, José Luís Rivera Mallo, que se amosou convencido no trunfo de Rajoy. A polémica pola reincorporación de Rivera Mallo ás listas do PP nestes comicios foi obxecto de reiterados comentarios dos presentes. Unha decisións, que o propio Rivera xustificou en base a súa ideoloxía política de sempre.

    Núñez Feijóo abre a campaña en Santiago

    En Galicia, o Presidente da Xunta de Galicia e líder do Partido Popular nesta comunidade, compareceu nun primeiro acto en Santiago, para apostar polo equipo que leva o PP a nivel nacional, liderado por Rajoy. Un galego que chegará á Moncloa, segundo Alberto Núñez Feijóo, para levar sentidiño. O Presidente da Xunta utilizou como exemplo da xestións dos populares a desenvolvida nos últimos dous anos polo executivo autonómico que lidera. Unha política de facer máis con menos para rachar ca España de records negativos dos últimos oito anos,dixo.Nesta mitin Nuñez Feijóo estivo arroupado polos candidatos pola Provincia da Coruña ó Congreso e ó Senado.

    As números 1 de Pontevedra abren campaña en Vigo

    Na provincia de Pontevedra as cabezas da lista de candidatos ó Congreso por esta provincia polas tres forzas con representación galegas, o PP, PSOE e BNG, son mulleres e todas elas escolleron Vigo para comezar esta campaña electoral.

    Por unha banda, a número un á cámara baixa polo Partido Popular, Ana Pastor, avanzou unha campaña electoral austera en medios, positiva en propostas e con xogo limpo. O piar básico da campaña dos populares segundo Pastor será a creación de emprego, á que se chegará apostando polo apoio ás Pemes e ós autónomos mediante a rebaixa no imposto de sociedades, bonificacións de ata 3.000 euros por contratar a un traballadores e o atraso no cobro do IVE. Todo isto, garantindo á sostibilidade da sociedade do benestar e co apoio ós sectores productivos. 

    Nun hotel desta mesma cidade olívica atopábase a candidata ó Congreso polo PSOE en Pontevedra, Carmela Silva. Na súa exposición avogou por unha reforma profunda de administracións como o Senado ou as Deputacións Provinciais para evitar duplicidades e corrixir un sistema de administración antigo e clientelar. Ó mesmo tempo aseverou que ían a seguir loitando a prol das políticas sociais e de benestar. Neste acto a socialista estivo arroupada, entre outros, polo líder do PS de G, Manuel Vázquez, “Patxi Vázquez”, con quen asegurou que o conflicto entre eles, trala suposta duplicidade de cargos da candidata, no Congreso e no Senado, estaba máis que acabado.

    Por outra banda, a nacionalista Olaia Fernández Davila foi a que máis desafiou o tempo nunha pegada de carteis tradicional en plena rúa e apoiada polos seus compañeiros de partido. A experimentada parlamentaria avogou polo voto útil, o apoio a este partido nacionalista para que os intereses de Galicia teñan garantida a súa presencia en Madrid.

    Redacción Salnés