Pastelerías Ankarr presenta un plan de viabilidade

    VILAGARCIA> A empresa de pastelerías Ankarr ven de propoñer un plan de viabilidade e unha reestructuración financeira da empresa que virá…

    {flowplayer}images/salnes/cig_pastelerias_ankarr.flv{/flowplayer}

    …a solucionar os seus problemas laborais e que evitará que se perdan varios postos de emprego. Ante esta nova, o comité de empresa e a Confederación Intersindical Galega veñen de acordar desconvocar o calendario de mobilizacións previsto. Esta solución chega logo de varios acordos entre as partes en sucesivas reunións que continuarán a vindeira semana.

    En principio para a CIG as de hoxe son boas novas, co que nin a representantes sindical Rosa Abuín nin as empregadas de Ankarr agochaban a súa satisfacción. A esperanza queda aí á espera de que se materialice na práctica e sexa factible o plan proposto pola empresa, baixo a supervisión da forza sindical.

    Redacción Salnés