Comeza á LXII Festa do Albariño de Cambados

    CAMBADOS> Comeza a sesenta e dúas edición da Festa do Albariño de Cambados. Esta mediodía abrían as carpas de degustación instaladas no Paseo da Calzada co acto inaugural protocolario.

    Cambados acolle desde hoxe a sesaxésimo segunda edición da Festa do Albariño; un dos festexos galegos de maior proxección internacional. A Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, foi a encargada de realizar o corte de cinta inaugural que marcaba o inicio formal das festas, ca apertura das casetas no Paseo da Calzada. Este paseo no centro de Cambados será o principal lugar de degustación aínda que de novo este ano tamén haberá un lugar máis repousado no Salón José Peña, cunha nova edición do túnel do viño. Por diante quedan días de desfrute para veciños e visitantes en torno a tódolos eidos; cultural, artístico, musical, deportivo e gastronómico. O convite xa está feito.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/30/albarino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/30/inicio_festa_albarino.mp4{/flowplayer}