Fomento paga parte das expropiacións do vial ó Porto

    pago100.jpgVILAGARCÍA> O ministerio de Fomento iniciou hoxe o pago de parte das expropiacións pola construcción do acceso ó porto, entre protestas dos afectados.

    {flowplayer}images/salnes/pago_expropiacions_vial_porto.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O ministerio de Fomento iniciou hoxe o pago de parte das expropiacións pola construcción do acceso ó porto, e fíxoo entre protestas dos afectados.

    Este colectivo aglutina a medio cento de veciños e destes só 30 pasarán a recoller o seu cheque entre hoxe e mañá, ó resto tócalles esperar. Os que seguen esperando considéranse discriminados. A súa indignación xa lla manifestaron ó funcionario de Fomento nada máis chegar á Casa Consistorial, como fixo Lupe Cardalda. A esta veciña solicitáronlle xa os seus datos bancarios pero non aparece na lista para cobrar.

    Os veciños reclaman tamén a reparación dos danos colaterais ocasionados pola construcción da estrada, como camiños de acceso moi estreitos ou pozos e mananciais secos, sen esquecer os ruídos do tráfico. A paciencia xa se esgota para uns veciños que levan desde 2005 esperando cobrar as indemnizacións.

    Queren que o ministro José Blanco deixe resolto este problema antes do cambio de goberno, pero como non as teñen todas consigo pediron falar con tódolos partidos para que, polo menos, os teñan en conta nos orzamentos do vindeiro ano. Polo de agora xa se reuniron con Esquerda Unida, o BNG está pendente de fixar a data, entre hoxe e mañá responderalles o PP, como lles prometeu o candidato ó Senado José Luís Rivera Mallo, e de momento, non teñen resposta do PSOE.

    Redacción Salnés