A ILLA> Esta mañá, o instituto volveu ser o escenario das protestas de ó redor de 300 pais, alumnos, profesores e veciños da Illa.
{flowplayer}images/salnes/MANIFA_INSTITUTO_ILLA.flv{/flowplayer}
A mobilización foi acordada onte nunha multitudinaria asemblea da comunidade educativa. Pais, profesores, alumnos e veciños da Illa continúan a unir forzas para lograr as súas reivindicacións.
A pesares de que o curso xa tería que ter arrancado, case a totalidade dos 203 alumnos do Instituto non están a asistir ás clases en sinal de protesta.
As protestas están a conseguir un amplo apoio na comunidade educativa. Sen embargo, os pais fan un chamamento a toda a sociedade da Illa para que apoien a súa loita. O primeiro paso será na asemblea deste sábado, que se celebrará na praza de O Regueiro.
Hoxe mesmo, os pais solicitarán unha xuntanza co Conselleiro de Educación; unha reunión da que pretenden saír, como mínimo, co compromiso de ampliación para o Instituto da Illa de Arousa.
Redacción Salnés