O cemiterio de Rubiáns contará cun centenar de nichos máis

    VILAGARCÍA > Vilagarcía ven de anunciar dous importantes proxectos que se acometerán en breve. Anque de moi distinta índole, os dous son de gran importancia para o concello: por unha banda a construcción da Escola de Idiomas, que cada vez está máis preto, e por outro a ampliación do cemiterio de Rubiáns. Neste proxecto serán case un centenar de nichos os que está previsto construír en breve, anque a longo prazo o concello baralla construír ata 300. 

    O cemiterio de Rubiáns será ampliado con case cen novos nichos. A xunta de goberno ven de aproba-lo proxecto técnico destas obras que teñen un orzamento de pouco máis de 35 mil euros e un prazo de execución de dous meses.  A construcción situarase na zona máis nova do camposanto, ó fondo á dereita, a carón doutro bloque moi semellante edificado hai uns anos e que supuxo a última ampliación do cemiterio. Estes novos nichos servirán para soterrar ás persoas que falezan no municipio e non dispoñan de fosa.

    Por outra banda o Concello de Vilagarcía e a Conselleira de Educación asinaron onte o convenio para construír a Escola de Idiomas neste lugar que ven, coñecido como o Bosque dos Desamparados. O proxecto aumentou o seu custe e supera xa os dous millóns de euros, anque o concello non terá que aportar máis do previsto. O rexedor confía en que este servizo evite que os veciños teñan que trasladarse para estudar un idioma e cre que fortalecerá a presencia de Vilagarcía na comarca como municipio de cabeceira.     

    Redacción Salnés