Mar aumenta o seu orzamento un 1,7% ata os 178,6 millóns

    ORZAMENTOSMAR copia.jpg SANTIAGO> O departamento dirixido por Rosa Quintana dá preferencia ó impulso da acuicultura e a miticultura, a loita contra o furtivismo e a modernización de barcos.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_MAR_2011.flv{/flowplayer}

    A conselleira do Mar,  Rosa Quintana, compareceu no Parlamento galego para presentar o orzamento co que contará o seu departamento de cara ó 2012. En total 178,6 millóns de euros, un 1,7 por cento máis que a pasada anualidade. A razón desta suba está, segundo Quintana, na aposta do goberno galego por impulsar este sector produtivo. Ademáis modifícase a distribución das partidas, reducindo o capítulo de gastos e concedendo máis capital ás políticas p esqueira e marisqueira.

    Os sectores da acuicultura e miticultura concentran algo máis de 29 millóns de euros, case o dobre que neste 2011, para reactivalos e poder xerar máis emprego e riqueza. Un 22 por cento do orzamento vai para o sector pesqueiro. Investirase na modernización das embarcacións, para facelas mási eficientes e que consuman menos enerxía.

    A loita contra o furtivismo é outro dos capítulos ós que se lles concede prioridade. Auméntase nun 15 por cento a contía desta partida para manter o funcionamento de buques e helicópteros, ademais de incorporar 22 veterinarios para o control das especies confiscadas. A ampliación de zonas p rodutivas así como a investigación e formación completan as principais partidas destes orzamentos.

    Redacción Salnés