Máis de 100 persoas participaron na VII travesía a vela Navega o Camiño dende Francia a Vilagarcía

VILAGARCIA> Chega a Vilagarcía a expedición da VII travesía navega o camiño. En total son 30 barcos e máis de 100 visitantes os que participaron nesta viaxe. Dende a mancomunidade do Salnés destacan a importancia desta travesía para promocionar o camiño a vela nos países do norte de Europa.

A travesía a vela Navega o Camiño vaise consolidando co paso dos anos. Unha vez superada a pandemia, a expedición puido partir dende Francia con total normalidade. A travesía bateu este ano o seu récord de participantes, con visitantes chegados de varios países do norte de Europa.

A participación destes visitantes europeos permite á mancomunidade promocionar a travesía polos países do norte do continente.

A tripulación atopouse cunhas condicións complicadas na súa partida de Francia e no seu paso polo norte de España, pero chegaron a Vilagarcía cun tempo soleado e caloroso. Os visitantes destacaron as fermosas vistas da costa de Arousa.

Dende o concello anfitrión, destacaron a importancia para Vilagarcía e para a comarca da travesía navega o camiño e da visita destes peregrinos.

A expedición partiu pola tarde cara a Santiago a través do Río Ulla. Ademais, a travesía ten un carácter solidario, xa que venden as millas que percorren para doar os beneficios aos enfermos de ela. Os interesados en colaborar poden facelo a través da web www.ela-principado.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí