Manuel Vázquez cualifica ó Alcalde Vilanova de mentireiro e malpagador

    A ILLA> O Alcalde da Illa, Manuel Vázquez entrou ó trapo ás acusacións do rexedor vilanovés e actual presidente da Mancomunidade do Salnés,…

    {flowplayer}images/salnes/illa_taxas_mancomunidade.flv{/flowplayer} .

    .. Gonzalo Durán. En primeiro termo, asegurou que no libro branco da antedita asociación de concellos, no cálculo das taxas da auga, especifícase que hai un parámetro para pagar á labor do Presidente e os seus gastos correntes neste ente, co que Gonzalo Durán si cobraría desta partida. Amais, nestas contas resalta que se estima unha derrama de 6.000 euros para melloras do servizo que non ven clara e que o cálculo dos metros cúbicos de auga non coincide nas contas especificadas. A maiores, no caso particular do seu Concello asegurou que, ó igual que Vilanova, cobran un mínimo de consumo de auga tanto para os particulares como para os comerciantes; incluso este importe é un chisco maior no Concello veciño.

    Vázquez desminte tódalas acusacións do Alcalde vilanovés valéndose de informes feitos polo propio Durán, ó que acusa de crear unha cortina de fume para agochar a mala xestión do meirande parte dos Concellos populares que integran esta Mancomunidade, que ate o de agora se foi subsanando con achegas da Deputación de Pontevedra e da propia Xunta de Galicia.

    Para o alcalde da Illa, as falsidades e exabruptos vertidos por Durán ocultan a mala xestión desenvolvida nos últimos anos en Vilanova. Manuel Vázquez negou tamén que na Illa se cobre a auga máis cara que noutros concellos lindeiros, xa que neste ranking sería o quinto máis caro. Engade que é a auga a única taxa que soben co que o restos dos impostos seguirán igual, o que deixa a Illa como o oitavo máis caro no cobro de sumidoiros, 16 euros por debaixo de Vilanova; e sexto no de lixo, por detrás de Vilanova.

    Redacción Salnés