‘O Grove ten un goberno tripartito sen ideas e un alcalde de transición’

    psoe_grove copia.jpgGROVE> Deste xeito valorou o líder dos socialistas, José Antonio Cacabelos, a xestión do novo goberno, liderado polo Partido Popular.

    {flowplayer}images/salnes/VALORACION_PSOE_GROVE.flv{/flowplayer}

    Duras críticas lanzou esta mañá o líder dos socialistas do Grove, José Antonio Cacabelos, ó goberno tripartito, liderado polo Partido Popular. Entre outras cousas, acusounos de tomar como propias as iniciativas que xa estaban en marcha na pasada lexislatura. Ademais, confesou que Miguel Ángel Pérez só é un alcalde de transición e que o seu posto será ocupado dentro dun ano polo número dous da lista popular.

    Falando de proxectos concretos, aconselloulles que aproveiten os xa existentes no lugar de falar de novas iniciativas coma no caso da humanización do municipio. No tocante ás infraestruturas, Cacabelos destacou o proxecto do pavillón municipal, o edificio administrativo ou o centro de día.

    Por último, o líder dos socialistas tamén tivo unhas palabras para o edil do Partido Galeguista Demócrata, Alfredo Bea, co que compartiu goberno.

    Con todo, o grupo socialista tendeu a man ó tripartito para colaborar con eles pero no caso de que redirixan a súa estratexia de goberno.

    Redacción Salnés