Meis, Ribadumia e Meaño contarán cun tanatorio e piscina mancomunadas

    MANCOMUNIDADE > Os concellos de Ribadumia, Meis e Meaño contarán cun tanatorio, piscina climatizada e pista polideportiva comúns. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou este sábado, xunto cos alcaldes dos municipios beneficiados o proxecto que se levará a cabo en San Martiño de Meis.

     

    Rafael Louzán cualificaba de ‘necesidade’ a creación destas obras nas que a Deputación investirá máis de dous millóns de euros. O lugar da Barcia en Meis será o centro no que se situará esta obra que ocupará unha superficie total de más de tres mil metros cadrados que albergarán, próximos á igrexa de San Martiño, un tanatorio e piscina climatizada separados por unha pista de usos múltiples.

    Trátase dunha obra moi agardada polos concellos e que se decidiu facer de uso común nun punto equidistante para garantizar o seu funcionamento. Na creación do tanatorio empregaranse mis de medio millón de euros, na instalación deportiva, millón e cuarto e na área de usos múltiples 40 mil euros. Na creación do tanatorio empregaranse mis de medio millón de euros, na instalación deportiva, millón e cuarto e na área de usos múltiples 40 mil euros.

    Redacción Salnés