Cancélase a edición deste ano do Campionato do Tiro ó Pombiño

    tiro_pombio_100.jpgO GROVE > Finalmente non se vai a celebrar na Toxa o Campionato de Tiro ó Pombiño, malia que hoxe chegaba finalmente…

    …. a autorización da subdelegación do goberno en Pontevedra para realizalo si se empregaba munición ecolóxica. Un visto bó que chega tarde, posto que é en novembro cando a Federación Española de Tiro ó Vóo pon o calendario. Ademais esta notificación aínda non chegara esta tarde á presidencia do club de tiro local. Desde o Club de Tiro A Toxa intentaron barrallar outras opcións do calendario, ou mesmo cambiar as datas outorgadas a Elxe en Xullo, unha opción que finalmente non foi posible.

    Ademais de non ter data nin permiso, desde esta asociación seguen mantendo que lles sería imposible conseguir ata 50.000 cartuchos de munición ecolóxica para este verán, e en caso de conseguila, non poderían obrigar ós participantes a querer empregalas en Galicia, posto que no resto das comunidades autónomas non se lles esixen.

    Esta decisión de non celebrar este campionato vai a ter importantes repercusións nos sectores terciarios da comarca; con perdas de ata 3 millóns de euros, tal e como se apunta desde a Asociación de Hostaleiros do Grove. Tódolos sectores implicados traballan agora para facer que si sexa posible a edición de tiro ó pombiño do ano que ven; ó tempo que buscan alternativas para intentar que a demanda hostaleira non decaía durante eses 10 días de xullo ata un 40 %.

    Redacción Salnés