RIBEIRA> Catro mariñeiros de Ribeira foron rescatados ó sufrir unha vía de auga e afundirse a súa embarcación a unhas quince millas do cabo Matxitxako, no País Basco. Foron rescatados dunha balsa por outro pesqueiro que traballaba na zona, e posteriormente trasladados ó porto de Bermeo, en Biscaia, pola embarcación Salvamar Monte Gorbea.
Todo apunta a unha vía de auga como causa máis probable do afundimento do ‘Vikinjo’, palangreiro de fondo con base no porto de Aguiño que se atopaba preto das costas biscaínas á captura da pescada.
Despois de declarar esta mañá en capitanía Marítima, os catro mariñeiros xa se atopan na súas respectivas casas recuperándose deste mal trance, que por fortuna poden contar.