RIBEIRA> Operarios dunha empresa especializada contratada polo concello procederon, dende primeira hora da mañá, á retirada de dúas placas de cerámica alusivas a José Antonio Primo de Rivera e ó Generalísimo Franco, substituíndoas por outra dun aspecto semellante nas que se indican xa as actuais denominacións oficiais destas vías, como son Avenida do Malecón e rúa de Galicia. Dende o concello quixeron expresar o seu agradecemento ante as facilidades dadas para a súa retirada por parte das familias propietarias dos inmobles en cuxas fachadas estas placas estaban colocadas. Cómpre lembrar que o concello pedira autorización ós propietarios dos edificios poder proceder á súa retirada, en consonancia co que se dispón na Lei de Memoria Histórica
Inicio Barbanza - Muros - Noia