BOIRO> A Xunta remitiu un escrito ó concello de Boiro solicitando a corrección de erros do documento do inicio do PXOM, remitido polo anterior executivo local.
{flowplayer}barbanza/correccionerrospxomboiro.flv{/flowplayer}
Os representantes de PSOE e BNG, os dous grupos que gobernaban cando se iniciou a tramitación do novo PXOM, coinciden en que os requirimentos das administracións autonómica e central refírense a erros subsanables que non poñen en perigo o avance nos trámites para a elaboración do plan.
Pendente de resolución
Consideran que a responsabilidade de corrixir os erros e aportar os informes que fallan é do actual goberno que debería dar continuidade á tramitación, para evitar a volta ás normas subsidiarias no caso de que o Tribunal supremo ditamine a anulación do actual PXOM, do que pende un recurso.
Sen embargo, socialistas e nacionalistas cren que a intención do executivo é non levar adiante este plan co obxectivo de favorecer certos intereses persoais.
Redacción Barbanza