As tendas de Noia Histórica ofrecerán listas de agasallos

    NOIA> A iniciativa, que é totalmente novidosa, xa está en funcionamento a través da web www.listasderegalosnoia.com. No seu afán de mellorar servizos e darlle ó cliente maiores facilidades para realizar as súas compras nos comercios e tendas asociadas á entidade, Noia Histórica vén de lanzar a súa última iniciativa: a lista de agasallos que poderá usarse en calquera celebración especial como é o caso dunha boda, un bautizo ou unha comunión. Todas aquelas persoas que o desexen poden facer uso dela a través da páxina web listasderegalosnoia.com. Noia Histórica volve a estar a vangarda neste tipo de servizos, converténdose así nunha das poucas asociacións empresarias en toda Galicia que dispoñen deste programa. Para poder desenvolver esta iniciativa a patronal noiesa conta coa colaboración de Abanca a través do seu TPV virtual no que os clientes poderán realizar os seus pagos.