Caixanova firma un convenio de colaboración con AJE

    caixanova_copia100.jpgPONTEVEDRA> Desta forma, a caixa de aforros aplicará unhas condicións financeiras especiais ós comercios asociados.

     {flowplayer}images/salnes/CAIXANOVA_AJE.flv{/flowplayer}

    Tras varios anos de colaboración con resultados satisfactorios, Caixanova e a Asociación de Xoves Empresarios firmaron os convenios de colaboración e desenvolvemento de proxectos. Aínda que hoxe procedeuse á sinatura, ámbalas partes afirmaron que o diálogo e a participación vense dando desde xaneiro. O acordo está basado en dúas liñas de actuación moi concretas; a financieira e a social, para a creación de emprego.

    Dende Caixanova reafirman que pese á crise, a entidade colabora cos xoves emprendedores para lograr desenvolver os sectores económicos e conseguir unha mellora da economía.

    O presidente da asociación de xoves empresarios de Pontevedra, mostrouse moi satisfeito co convenio firmado con Caixanova, e afirmou que, sen axudas deste tipo, os novos empresarios non terían lugar na economía.

    Entre as vantaxes do acordo, está a posibilidade do pago fraccionado, sen intereses ni comisións para o cliente, en prazos de ata 12 meses.

    Redacción Salnés