RIBEIRA> Unhas corenta pinturas compoñen a exposición ‘Contrastes’ que xa se pode visitar na casa do concello de Ribeira. O seu autor, Xosé Luís Veiras Manteiga, foi o encargado de inaugurar a mostra que permanecerá exposta ata finais de abril.
A diversidade de cores caracteriza a mostra ‘Contrastes’ que permanecerá exposta nas paredes da casa consistorial de Ribeira ata o 28 de abril. Componse dunha escolma de preto de 40 pinturas
O seu autor, José Luís Veiras Manteiga, explicou que a mostra divídese en dous bloques. Un sobre paisaxes da Provenza francesa que se representan por duplicado; contrapoñendo as cores frías ás cálidas.
A mostra complétase cunha escolma de espidos que se caracterizan tamén polo seu colorido.