Confírmase a marcha de Josiño Abalde ó Coruxo

josio250_050609.jpgILLA> Confirmada a marcha de Josiño Abalde do banquiño do Céltiga. O técnico vigués deixa o Salvador Otero para dirixir ó Coruxo. Na Illa lévase traballando toda a semana para atopar un sustituto e o nome do novo adestrador podería coñecerse nas vindeiras horas.

Céltiga e Josiño Abalde puxeron fin onte a un ano de vinculación profesional. O técnico vigués deixará a Illa para volver á súa terra e adestrar ó Coruxo. Unha oferta dificilmente rexeitable a que lle puxeron sobre a mesa: máis sustanciosa economicamente e moito máis cómoda a nivel persoal, xa que o campo do Vao está situado moi preto do seu domicilio.

No Céltiga entenden a decisión adoptada por Abalde e non lle gardarán ningún rencor, senón todo o contrario.

A marcha de Abalde preveíase dende hai tempo, por iso a directiva estivo a traballar nos últimos días para atopar un subsituto de garantías. Son moitos os que se ofreceron, pero os candidatos redúcense agora a prácticamente catro: Pablo Vázquez, Milo Abilleira, Pedro Ferreira e o último en entrar nesa lista, Javier OreIro.

Con todo, as arcas do club non están para botar foguetes. A política económica deste ano será austera, polo que o que acepte as condicións salariais máis baixas, ten maiores opcións de ocupar o ano que ven o banquiño do Salvador Otero.

Redacción Salnés