Éxito de organización e participación na Copa Sálvora 2012

copasalvora2012.jpgRIBEIRA> En total foron 48 equipos en categorías prebenxamín, benxamín e alevín os que tomaron parte neste torneo que co paso dos anos se está a converter nun referente nas categorías base.

{flowplayer}barbanza/copasalvora2012.flv{/flowplayer}

Éxito total de organización na sexta edición da Copa Sálvora de fútbol base celebrada esta pasada fin de semana en Ribeira, nas instalacións deportivas da Fieiteira. No torneo déronse cita este ano un total de 48 equipos, a maioría deles da comarca, aínda que houbo presenza tamén de equipos doutras zona de Galicia e mesmo un club portugués. Dende a organización destacaron o alto nivel do campionato que ano tras ano está collendo maior protagonismo.

Equipos campións

Por categorías, en alevíns proclamaouse campión do torneo o CD Boiro, moi superior a tódolos seus rivais, agás na final contra o Vila de Corpus, ó que se impuxo por tan só un gol de diferenza, 3-2. Na categoría benxamín o Abanqueiro vencía nunha final moi disputada ó Sálvora por dous goles a un. Na menor das categorías, na prebenxamín, o Cordeiro foi quen de levarse ó campionato ó vencer na final o Vila de Corpus por catro goles a dous.

Premios individuais

No apartado de premios individuais, destacar que o trofeo Alberto Villaverde ó mellor porteiro levaríao Sergio Rey do Sálvora na categoría prebenxamín, Lois Romero da SD Abanqueiro na categoría benxamín e David Bonenfat do CD Boiro na categoría alevín. Como máximos goleadores Alejandro Comparada do Cordeiro con 19 goles en prebenxamíns, Jesús Ares da SD Abanqueiro con 9 goles en benxamíns e Nicolás Rodríguez con 9 goles do Vila do Corpus en alevíns. Por último, o Trofeo Verónica Boquete á mellor xogadora feminina da Copa Sálvora, recaería en Inés Faro Gómez, xogadora alevín do Vila de Corpus que demostrou ó longo do torneo unha exquisita calidade técnica, un bo xogo no colectivo e un gran liderazgo dentro do equipo.

Copa Sálvora 2013

A organización do torneo xa está a traballar na próxima edición da Copa Sálvora, que naceu como unha iniciativa para fomentar o deporte en idades infantís.

Redacción Barbanza